24/11/11

Cincenta 5º A




Estas son as Cincentas vestidas en familia.
A actividade levouse a cabo nas casas respectivas e os rapaces contaron coa colaboración de papás, mamás, irmáns...
Como vedes hainas de principios do S.XX, dos anos 60, algunha de moda étnica, outra cun esmoquin moi feminino, outra coa moda grega... e a maioría son moi actuais. Mesmo hai unha moi navideña!
Podían escoller calquera dos dous intres polos que pasa a protagonista na historia: antes ou despois de cambiar de estado.
Os libros que usamos para documentarnos foron:
MORLEY, J. Roupas de traballo, xogo e lucimento,Ed. Xerais (1994)
Ventura, P. Los vestidos. Objetos, formas y usos en el vestir a través de los tiempos. Ed. Everest (1993)
A que escollimos democráticamente para formar parte do mural conxunto de todo o colexio foi a de Diego García.
A min gústanme todas!

Cincenta. Proposta de traballo.

Comezamos co noso traballo sobre o conto escollido: CINCENTA.

Para elo, e despois de ler máis de 20 versións da historia de entre as que ten a biblioteca escolar e as que tiñan os rapaces e rapazas na casa, escollimos 3 para traballar sobre elas:
  1. A versión de J e W GRIMM incluida no libro Contos de Grimm (Ed. Xerais, 1998)
  2. A versión de Perrault, incluida en Cuentos de Perrault de Ed. Servilibro
  3. Unha versión Disney, incluída no libro Cenicienta (Ed. Beascoa, 2007)
O primeiro paso consiste en:
  • Analizar as diferentes ilustracións das versións lidas.
  • Situar esas ilustracións na época histótica que lles corresponde, orientándonos polos libros de Historia do vestido que hai na biblioteca.
  • Escoller unha época para vestir á túa protagonista.
  • Vestir á protagonista, usando a plantilla que se facilita,
Segundo paso:
Estudaremos cada versión no seu conxunto,  e faremos un informe de como se caracterizan nela ós personaxes seleccionados.

  • Ler detidamente cada versión. Usando a plantilla que se facilita,
  • Recoller tódolas características e acións que se lle adxudican a cada un dos personaxes estudados.
  • Clasificalas en positivas, negativas, activas e pasivas
  • Elaborar, cos datos obtidos, un informe do relatado nesa versión.
Terceiro paso:
Compararemos as tres versións, situándoas cronoloxicamente no tempo prtestando atención aós elementos que se suprimen, que se incorporan... E reflexaremos as conclusións nun informe final

    26/10/11

    Adiviña que conto é


    Os nenos e nenas de 3º e a súa profe Mari, hai días que comezaron a traballar no Proxecto. A súa primeira actividade foi esta: buscaron o comezo dalgúns contos, escribíronos e ilustráronos. Logo agacharon o título baixo da pregunta Que conto é?
    Os demáis, pasamos pola exposición que fixeron e xogamos a adiviñar.
    Estes que vedes nas fotografías son os nenos e nenas de 5ºA.
    Un excelente comezo ¡Abofé!

    Os contos escollidos

    Xa están escollidos hai días os contos que traballará cada clase. E son:
    E.I. 4 anos: A ratiña presumida
    5ºA.- Cincenta
    e, agora....¡a disfrutar e aprender!
    Deixovos os enlaces a algunhas montaxes audiovisuais que podedes atopar en Youtube. Como vedes, non temos versións de todos en galego pero... iso ímolo arreglar axiña coas versións que faredes vos ¿a que sí?

    15/9/11

    Carapuchiña

    Tódolos contos clásicos son motivo de estudo entre os expertos. Pero... ¡uns máis que outros! E, nesne senso, Carapuchiña rompe tódolos teitos.
    Sobre este conto recréanse centos de escrituras, de interpretacións...Hai Carapuchiñas en verso, en imaxes, en teatro.
    Toda esta producción non fai máis que dar fe da súa universalidade.
    Para aquelas aulas que vos decidades por este conto, aí van varias ligazóns:
    Un recopilatorio de varias edicións en galego, algunhas das cales xa están na nosa biblioteca.
    Outra Guía, esta vez de CIVICAN: Las mil caras de Caperucita .
    Un excelente artigo da profesora Blanca Álvarez que afonda no personaxe: Caperucita Roja: la búsqueda de la identidad
    E uns artigo da revista Imaginaria:
    Algunas palabras bastan: niña, abuela, bosque, flores, lobo y... ¡Caperucita por siempre! de Elisa Boland.
    O certo é que estamos a ter dificultades para conseguir algúns libros, sobre todos os editados en galego. Polo que precisamos da colaboración de todos e todas para buscalos, topalos e traelos.
    Este traballo promete!

    13/9/11

    O Proxecto

    Este é o texto inicial do noso PDI Cántos contos contas ti?, o punto de partida do noso traballo para este curso.

    Segundo vaiamos avanzando no traballo irase enriquecendo, completando... porque ese é o espíritu dos Proxectos feitos entre todos/as: CONSTRUIR.

    Facémolo público coa idea de que o teñades sempre a man pero tamén para que poida seren usado por cantos gosten del. Citar a procedencia será, coma decote, a única condición.
    E, agora... ADIANTE!!!