27/5/12

Arbores de conto

Coas presas... non publicamos as imaxes destas árbores tan fermosas que adornaron os corredored estes Nadal.
Pero non queremos que remate o ano sen facelo. PINCHADE AQUI PARA VELOS TODOS

22/5/12

Contos na semana das letras

Os de segundo: Os de 3º: Os de 5º: e os de 6º: Todos e todas escribiron historias (agora que xa aprenderon cales son os ingredientes básicos dun conto)e contáronas na biblio na hora de ler durante os tres primeiros dís da pasada semana. Grazas a todos por tanto traballo!

14/5/12

Contos e Matemáticas en 3º

Os nenos e nenas de 3º decidiron mirar ós contos clásicos, esta vez desde o punto de vista da estatística.
Para elo foron polas aulas recollendo os datos coa pregunta ¿Cal é o conto que máis che gusta? (isto chámase usar fontes orais)
Unha vez recollidas as respostas, elaboraron a gráfica que vedes:
Léndoa, soupemos cal é o conto favorito dos nenos e nenas do noso cole:

Os tres porquiños!!!
Despois, fixeron públicos os resultados e.... ¡aquí os tendes!:

Para que vexades que..¡as Matemáticas valen para todo!
E, par´´ece que foramos meiguiñas as profes pois, xa ó comezo do curso fixemos esta WQ, precisamente sobre ese conto.
Webquest Os tres poequiños