14/5/12

Contos e Matemáticas en 3º

Os nenos e nenas de 3º decidiron mirar ós contos clásicos, esta vez desde o punto de vista da estatística.
Para elo foron polas aulas recollendo os datos coa pregunta ¿Cal é o conto que máis che gusta? (isto chámase usar fontes orais)
Unha vez recollidas as respostas, elaboraron a gráfica que vedes:
Léndoa, soupemos cal é o conto favorito dos nenos e nenas do noso cole:

Os tres porquiños!!!
Despois, fixeron públicos os resultados e.... ¡aquí os tendes!:

Para que vexades que..¡as Matemáticas valen para todo!
E, par´´ece que foramos meiguiñas as profes pois, xa ó comezo do curso fixemos esta WQ, precisamente sobre ese conto.
Webquest Os tres poequiños

9/4/12

Cincenta


Cincenta, ilustrado e narrado polos nenos e nenas de 5ºB.
Un proxecto de aula que traballa as competencias linguística, artistica, e dixital, segundo o PDI deste curso que se pode consultar desde iste mesmo blogue.

14/3/12

5ºA lendo para E.Infantil


Dentro do PDI deste ano que, como xa sabedes, versa sobre os Contos Clásicos, organizamos unha actividade para que os máis maiores deran a coñecer os contos aos máis pequenos e leran para eles.
Houbo que preparar as lecturas, ensaiar e ensaiar, familiarizarse cos textos...
Resultou unha actividade estupenda!

9/3/12

Confundindo historias


A profe Susana e Alba, unhas das súas alumnas na aula de AL, recrean para todos nós o libro Confundindo Historias de Gianni Rodari.
Unha historia divertida e xoguetona coa que Alba divertiuse moitísimo.
Confundindo Historias, de Gianni Rodari editado en Kalandraka Editora.

18/2/12

Estructura dos contos

Seguimos a engadir actividades ó noso PDI. Nesta ocasión propoñemos unha sinxela análise da estructura dos contos en xeral e do que cada un escollimos, en particular.
Para elo preparamos este documento que podedes descargar e leva incluída a táboa de análise que debedes encher.
Unha vez cuberta, facédea grande e colocádea no mural conxunto.

9/2/12

Os sete cabritos


Audiovisial desenvolvido por OQO editora. Témolo na biblioteca enviado pola SXPLhttp://www.blogger.com/img/blank.gif.
Tamén temos a Proposta Didáctica que o acompaña.

4/1/12

Felicidades fantásticas


A comunidade escolar do Milladoiro felicitavos as festas con esta presentación do que máis nos gusta este ano: os contos clásicos.
Feliz e fantástico ano para todos e todas!

24/11/11

Cincenta 5º A




Estas son as Cincentas vestidas en familia.
A actividade levouse a cabo nas casas respectivas e os rapaces contaron coa colaboración de papás, mamás, irmáns...
Como vedes hainas de principios do S.XX, dos anos 60, algunha de moda étnica, outra cun esmoquin moi feminino, outra coa moda grega... e a maioría son moi actuais. Mesmo hai unha moi navideña!
Podían escoller calquera dos dous intres polos que pasa a protagonista na historia: antes ou despois de cambiar de estado.
Os libros que usamos para documentarnos foron:
MORLEY, J. Roupas de traballo, xogo e lucimento,Ed. Xerais (1994)
Ventura, P. Los vestidos. Objetos, formas y usos en el vestir a través de los tiempos. Ed. Everest (1993)
A que escollimos democráticamente para formar parte do mural conxunto de todo o colexio foi a de Diego García.
A min gústanme todas!

Cincenta. Proposta de traballo.

Comezamos co noso traballo sobre o conto escollido: CINCENTA.

Para elo, e despois de ler máis de 20 versións da historia de entre as que ten a biblioteca escolar e as que tiñan os rapaces e rapazas na casa, escollimos 3 para traballar sobre elas:
  1. A versión de J e W GRIMM incluida no libro Contos de Grimm (Ed. Xerais, 1998)
  2. A versión de Perrault, incluida en Cuentos de Perrault de Ed. Servilibro
  3. Unha versión Disney, incluída no libro Cenicienta (Ed. Beascoa, 2007)
O primeiro paso consiste en:
  • Analizar as diferentes ilustracións das versións lidas.
  • Situar esas ilustracións na época histótica que lles corresponde, orientándonos polos libros de Historia do vestido que hai na biblioteca.
  • Escoller unha época para vestir á túa protagonista.
  • Vestir á protagonista, usando a plantilla que se facilita,
Segundo paso:
Estudaremos cada versión no seu conxunto,  e faremos un informe de como se caracterizan nela ós personaxes seleccionados.

  • Ler detidamente cada versión. Usando a plantilla que se facilita,
  • Recoller tódolas características e acións que se lle adxudican a cada un dos personaxes estudados.
  • Clasificalas en positivas, negativas, activas e pasivas
  • Elaborar, cos datos obtidos, un informe do relatado nesa versión.
Terceiro paso:
Compararemos as tres versións, situándoas cronoloxicamente no tempo prtestando atención aós elementos que se suprimen, que se incorporan... E reflexaremos as conclusións nun informe final

    26/10/11

    Adiviña que conto é


    Os nenos e nenas de 3º e a súa profe Mari, hai días que comezaron a traballar no Proxecto. A súa primeira actividade foi esta: buscaron o comezo dalgúns contos, escribíronos e ilustráronos. Logo agacharon o título baixo da pregunta Que conto é?
    Os demáis, pasamos pola exposición que fixeron e xogamos a adiviñar.
    Estes que vedes nas fotografías son os nenos e nenas de 5ºA.
    Un excelente comezo ¡Abofé!

    Os contos escollidos

    Xa están escollidos hai días os contos que traballará cada clase. E son:
    E.I. 4 anos: A ratiña presumida
    5ºA.- Cincenta
    e, agora....¡a disfrutar e aprender!
    Deixovos os enlaces a algunhas montaxes audiovisuais que podedes atopar en Youtube. Como vedes, non temos versións de todos en galego pero... iso ímolo arreglar axiña coas versións que faredes vos ¿a que sí?

    15/9/11

    Carapuchiña

    Tódolos contos clásicos son motivo de estudo entre os expertos. Pero... ¡uns máis que outros! E, nesne senso, Carapuchiña rompe tódolos teitos.
    Sobre este conto recréanse centos de escrituras, de interpretacións...Hai Carapuchiñas en verso, en imaxes, en teatro.
    Toda esta producción non fai máis que dar fe da súa universalidade.
    Para aquelas aulas que vos decidades por este conto, aí van varias ligazóns:
    Un recopilatorio de varias edicións en galego, algunhas das cales xa están na nosa biblioteca.
    Outra Guía, esta vez de CIVICAN: Las mil caras de Caperucita .
    Un excelente artigo da profesora Blanca Álvarez que afonda no personaxe: Caperucita Roja: la búsqueda de la identidad
    E uns artigo da revista Imaginaria:
    Algunas palabras bastan: niña, abuela, bosque, flores, lobo y... ¡Caperucita por siempre! de Elisa Boland.
    O certo é que estamos a ter dificultades para conseguir algúns libros, sobre todos os editados en galego. Polo que precisamos da colaboración de todos e todas para buscalos, topalos e traelos.
    Este traballo promete!

    13/9/11

    O Proxecto

    Este é o texto inicial do noso PDI Cántos contos contas ti?, o punto de partida do noso traballo para este curso.

    Segundo vaiamos avanzando no traballo irase enriquecendo, completando... porque ese é o espíritu dos Proxectos feitos entre todos/as: CONSTRUIR.

    Facémolo público coa idea de que o teñades sempre a man pero tamén para que poida seren usado por cantos gosten del. Citar a procedencia será, coma decote, a única condición.
    E, agora... ADIANTE!!!

    13/11/08

    Esto era unha vez...



    Esto era unha vez unha sereíña que vivía nas Sisargas. Frente ó Milladoiro.

    Chamábase Eleonora Nacarina pero, rodeada todo o día de fanecas, xurelos, calamares, percebes... que andan sempre con tanta présa escapando das redes que os pescan, das gaivotas que os queren papar e buscando a súa propia comida... ese nome era moi longo!
    Así é que todos lle chamaban Leo.E a ela non lle importaba nada: quería moito ós seus amigos

    Leo adoecía por ir ó Milladoiro e, hai máis dun ano, cando estiveron de obras na biblioteca pensou que era o seu momento: entraba cada noite e lía, e lía...¡que ben o pasaba!

    Cando inauguraron a nova biblio, Leo xa non quixo marchar: mandou unha carta ós rapaces contándolles a súa historia e agora,cando quere, volve alí a ler tódalas cousas novas que van mercando.

    De cando en vez, ela mesma é quen lles leva libros ou películas, ou propónlles algún xogo.

    Agora Leo é amiga de tódolos rapaces e rapazas do Milladoiro e tamén vai ler todo canto escriban aquí.

    ¡Que ben se pasa neste cole!