«Debaixo de cada conto popular hai un río de ensinanzas para superar o medo e o perigo» Agustín Fernández Paz
16/12/12
Unha pantasma con asma. Audio
Na voz dos nenos e nenas de 6ºA
VISTO AQUI: http://poesia2a.blogspot.com.es/2012/05/como-insertar-un-archivo-de-audio-en.html
17/11/12
Xogar cos contos
PREME sobre a imaxe que máis che guste e pasarás un rato divertidísimo xogando co conto escollido.
Xa verás!
6/6/12
Heiche de contar un conto
Comezamos o proxecto, aló polo mes de setembro, decidimos facer un mural no que estivean representados plásticamente os contos escollidos. A profesora de Música, carme Vilarnovo, asumiu a dirección artística do asunto. Contamos coa colaboración das familias para vestir os personaxes e logo cada aula escolleu o que poñería no mural. E...¡este é o resultado! A fermosísima idea é da profe Carme e, baixo a súa dirección, traballa,os escolares e profesores ata culminar esta imaxe tan suxerente. Durmir e soñar con contos. Uhmmmmm!!!
Heiche de contar un conto,
un conto de mil mentiras.
Heiche de contar un conto,
un conto tódolos días!
Así di a cantiga popular. E ese é o noso desexo: un conto tódolos días!
27/5/12
Arbores de conto
Pero non queremos que remate o ano sen facelo. PINCHADE AQUI PARA VELOS TODOS
22/5/12
Contos na semana das letras
Os de segundo:
Os de 3º:
Os de 5º:
e os de 6º:
Todos e todas escribiron historias (agora que xa aprenderon cales son os ingredientes básicos dun conto)e contáronas na biblio na hora de ler durante os tres primeiros dís da pasada semana.
Grazas a todos por tanto traballo!
Etiquetas:
animación á escritura,
animación á lectura
17/5/12
14/5/12
Contos e Matemáticas en 3º
Os nenos e nenas de 3º decidiron mirar ós contos clásicos, esta vez desde o punto de vista da estatística.
Para elo foron polas aulas recollendo os datos coa pregunta ¿Cal é o conto que máis che gusta? (isto chámase usar fontes orais)
Unha vez recollidas as respostas, elaboraron a gráfica que vedes:
Léndoa, soupemos cal é o conto favorito dos nenos e nenas do noso cole:
Para que vexades que..¡as Matemáticas valen para todo!
E, par´´ece que foramos meiguiñas as profes pois, xa ó comezo do curso fixemos esta WQ, precisamente sobre ese conto.
Webquest Os tres poequiños
Para elo foron polas aulas recollendo os datos coa pregunta ¿Cal é o conto que máis che gusta? (isto chámase usar fontes orais)
Unha vez recollidas as respostas, elaboraron a gráfica que vedes:
Léndoa, soupemos cal é o conto favorito dos nenos e nenas do noso cole:
Os tres porquiños!!!
Despois, fixeron públicos os resultados e.... ¡aquí os tendes!:Para que vexades que..¡as Matemáticas valen para todo!
E, par´´ece que foramos meiguiñas as profes pois, xa ó comezo do curso fixemos esta WQ, precisamente sobre ese conto.
Webquest Os tres poequiños
Etiquetas:
estatística,
matemáticas,
os tres porquiños
9/4/12
Cincenta
Cincenta, ilustrado e narrado polos nenos e nenas de 5ºB.
Un proxecto de aula que traballa as competencias linguística, artistica, e dixital, segundo o PDI deste curso que se pode consultar desde iste mesmo blogue.
14/3/12
5ºA lendo para E.Infantil
Dentro do PDI deste ano que, como xa sabedes, versa sobre os Contos Clásicos, organizamos unha actividade para que os máis maiores deran a coñecer os contos aos máis pequenos e leran para eles.
Houbo que preparar as lecturas, ensaiar e ensaiar, familiarizarse cos textos...
Resultou unha actividade estupenda!
9/3/12
Confundindo historias
A profe Susana e Alba, unhas das súas alumnas na aula de AL, recrean para todos nós o libro Confundindo Historias de Gianni Rodari.
Unha historia divertida e xoguetona coa que Alba divertiuse moitísimo.
Confundindo Historias, de Gianni Rodari editado en Kalandraka Editora.
3/3/12
18/2/12
Estructura dos contos
Seguimos a engadir actividades ó noso PDI. Nesta ocasión propoñemos unha sinxela análise da estructura dos contos en xeral e do que cada un escollimos, en particular.
Para elo preparamos este documento que podedes descargar e leva incluída a táboa de análise que debedes encher.
Unha vez cuberta, facédea grande e colocádea no mural conxunto.
Para elo preparamos este documento que podedes descargar e leva incluída a táboa de análise que debedes encher.
Unha vez cuberta, facédea grande e colocádea no mural conxunto.
9/2/12
Os sete cabritos
Audiovisial desenvolvido por OQO editora. Témolo na biblioteca enviado pola SXPLhttp://www.blogger.com/img/blank.gif.
Tamén temos a Proposta Didáctica que o acompaña.
4/1/12
Felicidades fantásticas
Felicitación nadal
View more presentations from biblioteca escolar milladoiro malpica.
A comunidade escolar do Milladoiro felicitavos as festas con esta presentación do que máis nos gusta este ano: os contos clásicos.
Feliz e fantástico ano para todos e todas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)