«Debaixo de cada conto popular hai un río de ensinanzas para superar o medo e o perigo» Agustín Fernández Paz
14/3/12
5ºA lendo para E.Infantil
Dentro do PDI deste ano que, como xa sabedes, versa sobre os Contos Clásicos, organizamos unha actividade para que os máis maiores deran a coñecer os contos aos máis pequenos e leran para eles.
Houbo que preparar as lecturas, ensaiar e ensaiar, familiarizarse cos textos...
Resultou unha actividade estupenda!
9/3/12
Confundindo historias
A profe Susana e Alba, unhas das súas alumnas na aula de AL, recrean para todos nós o libro Confundindo Historias de Gianni Rodari.
Unha historia divertida e xoguetona coa que Alba divertiuse moitísimo.
Confundindo Historias, de Gianni Rodari editado en Kalandraka Editora.
3/3/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)