6/6/12

Heiche de contar un conto



Comezamos o proxecto, aló polo mes de setembro, decidimos facer un mural no que estivean representados plásticamente os contos escollidos. A profesora de Música, carme Vilarnovo, asumiu a dirección artística do asunto. Contamos coa colaboración das familias para vestir os personaxes e logo cada aula escolleu o que poñería no mural. E...¡este é o resultado! A fermosísima idea é da profe Carme e, baixo a súa dirección, traballa,os escolares e profesores ata culminar esta imaxe tan suxerente. Durmir e soñar con contos. Uhmmmmm!!!
Heiche de contar un conto,
un conto de mil mentiras.
Heiche de contar un conto,
un conto tódolos días!
Así di a cantiga popular. E ese é o noso desexo: un conto tódolos días!

No hay comentarios: