Para elo, e despois de ler máis de 20 versións da historia de entre as que ten a biblioteca escolar e as que tiñan os rapaces e rapazas na casa, escollimos 3 para traballar sobre elas:
- A versión de J e W GRIMM incluida no libro Contos de Grimm (Ed. Xerais, 1998)
- A versión de Perrault, incluida en Cuentos de Perrault de Ed. Servilibro
- Unha versión Disney, incluída no libro Cenicienta (Ed. Beascoa, 2007)
- Analizar as diferentes ilustracións das versións lidas.
- Situar esas ilustracións na época histótica que lles corresponde, orientándonos polos libros de Historia do vestido que hai na biblioteca.
- Escoller unha época para vestir á túa protagonista.
- Vestir á protagonista, usando a plantilla que se facilita,
Estudaremos cada versión no seu conxunto, e faremos un informe de como se caracterizan nela ós personaxes seleccionados.
- Ler detidamente cada versión. Usando a plantilla que se facilita,
- Recoller tódolas características e acións que se lle adxudican a cada un dos personaxes estudados.
- Clasificalas en positivas, negativas, activas e pasivas
- Elaborar, cos datos obtidos, un informe do relatado nesa versión.
Compararemos as tres versións, situándoas cronoloxicamente no tempo prtestando atención aós elementos que se suprimen, que se incorporan... E reflexaremos as conclusións nun informe final
No hay comentarios:
Publicar un comentario